Cabecera
Contenido extra
CONTENIDO
Marineda City é máis que Ocio e Shopping. Marineda City é unha cidade que cada día che quere sorprender e alegrar, un lugar para que desfrutes. Por iso programamos para ti cada semana: música en directo, animacións para os peques, pallasos, pernilongos, mimos, cuentacuentos, exposicións, festas, eventos deportivos, e moito máis.
Cada mes unha programación preparada para ti e para os teus.
En primavera continuamos coas clases na escola de baile "Marineda City baila!!" todos os mércores, os venres e os domingoscoas animacións de "Marineda Kids" e moito máis.Vascho perder?
Este mes de Maio Marineda Kids non para, talleres, festas temáticas, cuentacuentos, baile, música e moito máis.
Toma nota da nosa axenda de actividades para non te perder nada!!!
Martes 1 de Maio: "Taller de creación de xoias con gominolas" (no espazo Marineda Kids de planta 2, de 17 a 20 horas).
Se che gustan as xoias e che gustan as chuches non cho podes perder. Porque en Marineda City, o 1 de Maio é o día máis doce do ano, e os peques vánllelo pasar de marabilla. Deseñaremos pulseiras, pendentes, colares e moito máis.
Venres 4 de Maio: "Taller de creación de regalos para mamá" (na Praza Elíptica de planta baixa, de 18 a 20.30 horas).
Porque mamá llo merece todo, en Marineda Kids podes facer os teus propios broches de feltro, piruletas e marcapáxinas para regalalo polo día da nai.
Domingo 6 de Maio: "Tarde de xogos con mamá" (no espazo Marineda Kids de planta 2, de 17 a 20 horas).
Porque hoxe é o seu día, montamos unha festa con baile, amigoches, carretas... para que vos divirtades junt@s. Papá tamén pode vir á festa e gozar en familia.
Venres 11 de Maio: "Festa MONSTER HIGH" (na Praza Elíptica de planta baixa, de 18 a 20.30 horas).
Convértete nunha MONSTER, canta, baila, maquíllate e xoga. E se vés disfrazada de MONSTER HIGH levaraste un recordo de Marineda City.
Domingo 13 de Maio: "Profesor Peter Hamelin Merlin" (no espazo Marineda Kids de planta 2, dende as 16.30horas).
Chega o maior cazador de contos da historia. Poderedes descrubrir as técnicas que utiliza para capturar contos e como llas enxeña para encerralos en gaiolas que el mesmo constrúe coas súas propias palabras. As gaiolas abriranse para que os contos saian voando e se pousen nos corazóns de l@s niñ@s que vingan a escoitalo.
Xoves 17 e Venres 18 de Maio: "Contos animados para celebrar o día das letras galegas" (no espazo Marineda Kids de planta 2, o xoves dende as 16.30horas e o venres dende as 18horas).
Convérteche no progatonista dos teus contos favoritos, Caperucita Roja, Cincenta, El gato con botas e moitos contos máis. Os nosos conta contos caracterizados de personaxes de conto, cativarán os máis pequenos da casa cos contos clásicos de sempre.
Domingo 20: "·Crea a túa coreografía" (no espazo Marineda Kids de planta 2, dende as 16.30horas).
Hoxe non se mira, particípase e se baila!. Coa axuda da Señorita Truffi, a nosa mestra de danza preferida, creardes as vosas propias coreografías.
Venres 25: "Festa PIRATA" (en a Praza Elíptica de planta baixa, de 18 a 20.30 horas).
Únete a Jake e os piratas de nunca xamais e goza da festa que temos preparada para ti; maquillaxe, cancións, bailes e xogos temáticos.
Domingo 27: "Monicreques Mircromina" (no espazo Marineda Kids de planta 2, dende as 16.30horas).
Vacacións no mar é unha obra teatral representada por monicreques de luva tradicionais de moca que deixará pampos aos peques.
Non cho podes perder, a zona Marineda Kids de Marineda City é xenial!!!
Todos os mércores, dende o 15 de Febreiro, en Marineda City poderás poñerte en forma bailando os teus ritmos favoritos.
O Centro Comercial Marineda City, pon á túa disposición de forma gratuíta clases de baile de diferente estilos. A Escola de Baile "Marineda Citu, baila!! " está situada no local 1.50 (planta 1, en fronte de Gables).
Queres saber que estilos e a que horas son as clases?
Mércores de 18.30 a 19.20horas - Baile Nenos: Os máis peques divertiranse bailando! (de 6 a 12 anos)
Mércores de 19.30 a 20.20horas - Baile Moderno: Ponlle ritmo ao que máis está a soar: hip-hop, funki, latin-jazz. (a partir de 18 anos)
Mércores de 20.30 a 21.30horas - Baile Latino: Forza, sentimento e moita paixón. Bailes en parella, salsa, merengue, cha cha cha. Podes apuntarte só ou en parella. (a partir de 18 anos)
Os prazas son limitadas, os grupos serán de 20 persoas.
Como podo apuntarme?
Descarga a folla de inscrición, de adulto para baile de mantemento, baile moderno ou baile latino ou a folla de inscrición de nenos para baile de nenos na pestana de descargas da web.
As follas de inscrición tamén están dispoñibles no punto de información de planta baixa do centro en fronte da Loja do Gato Preto.
Cúbrea e entrégaa canto antes no punto de información de Marineda City situado en planta baixa en fronte da Loja do Gato Preto. A azafata recolleraa e numeraraa por rigorosa orde de chegada.
Como saberei se me admitiron na Escola de Baile?
As persoas admitidas na Escola serán avisadas telefonicamente ou vía email a partir do 13 de Febreiro.
Se non estiveches entre os 20 primeiros, perdas a esperanza, en canto haxa unha praza libre chamaremos o seguinte da lista.
Cando son as clases?
As clases son todos os mércoresn dende 15 de Febreiro, na Escola de Baile "Marineda City, baila!! " (local 1.50) ata o 27 de Xuño.
Que acontece se falto a algunha clase?
Non pasa nada se faltas a 1 clase, pero a partir de 2 faltas seguidas serás dado de baixa da Escola e automaticamente admitirase ao seguinte da lista de reserva.
Se queres máis información chámanos ao 881 965334 ou pregunta nos puntos de información do Centro Comercial e informámoste.
Marineda City resérvase o dereito de suspender ou finalizar as clases por causas alleas á súa vontade. Se isto acontecese notificaríase previamente aos alumnos inscritos nese momento na Escola.
Pie