Cabecera

Contenido extra

 

Contenido extra

 

Contenido extra

 

CONTENIDO

O equipo 2010 de Dakar en Marineda 06/09/2011

O Mitsubishi L-200 Pro pilotado por José López Rivas terá que percorrer preto de 10.000km ao longo de Arxentina, Chile e Perú.

MARINEDA City Ocio & Shopping patrocina ao único equipo galego en turismos (dun total de 177) que participará no Dakar 2012, que se celebrará entre o 1 e o 15 de xaneiro e no que os participantes terán que percorrer preto de 10.000 quilómetros entre Mar do Prata e Lima cruzando Arxentina, Chile e Perú. O equipo Racing Dakart-Marineda City correrá cun Mitsubishi L-200 PROL, con motor e caixa de cambios do modelo DiD 3.2, dobre amortiguación Ollins, carrocería de fibra, chasis tubular reforzado e depósito de 300 litros para unha autonomía de 1.000 quilómetros diarios. O obxectivo será chegar á meta en Lima o 15 de xaneiro.

Pilotará a aventura José López Rivas (Lugo, 1960), propietario da empresa París Dakart (karting de Marineda City), que é o director do equipo e presidente da escuadra, e irá acompañado do copiloto Joan Rubí. López Rivas participou desde os 26 anos en diferentes raids, tanto en moto como en 4x4, e disputou o Dakar africano en 2007, o Dakar Series Hungría-Romanía e Pax Rally de Portugal en 2008 e o Dakar Arxentina-Chile nas súas edicións de 2009 e 2010. Ten máis de 20 anos de experiencia no deseño, creación e xestión de circuítos de karting in e outdoor, entre os que están os karting de Sanxenxo (outdoor), Pamplona, Xixón, Barcelona, A Coruña ou Badalona, este último xestionado en sociedade co tamén piloto Marc Gené. Ademais, no ano 2001 inventou e patentou un sistema especial de protección que se instalou en circuítos de máis de 10 países.

Tras a preparación mecánica do vehículo, o equipo Racing Dakart-Marineda City adestra nas dunas de Merzuga, no deserto do Sahara, para conseguir a máxima fiabilidade, afrontar con garantías de éxito todas as etapas da edición e converterse no primeiro equipo galego na categoría de turismos en alcanzala a meta da proba máis dura e extrema do automobilismo.

 

Pie