Cabecera

Contenido extra

 

Contenido extra

 

Contenido extra

 

CONTENIDO

Oportunidade de negocio

Marineda City Ocio & Shopping, é un gran centro comercial, non só polo seu volume, xa que está entre os máis grandes de Europa, se non polo mercado que abrangue: 3.000.000 de persoas que xeran ao redor de 15 millóns de visitas anuais. Os datos dan a razón a esta gran realidade de ocio & Shopping, máis de 15 millóns de visitantes.

Os datos son firmes e avalan a Marineda City como a gran cidade de Ocio & Shopping do noroeste de España, un polo comercial, de entretemento, turístico e de negocios no que as mellores marcas, nacionais e internacionais, xa apostaron. Moda, fogar, electrónica, complementos, ocio, óptica, bricolaxe, deportes, gastronomía, diversión, estética, xoiaría, parafarmacia e farmacia, entretemento, nenos, telefonía... Productos e servizos que xa son todo un referente, marcas que xa coñecen o éxito en Marineda City.

Buscas un local?

Se xa tes unha idea do negocio que desexas montar, se o que buscas é o espazo perfecto para establecelo. Se o que necesitas é unha rúa comercial, transitada, con outras marcas que apoien a túa presenza, Marineda City ofréceche a oportunidade de estar no centro comercial de referencia. Un espazo para ver e ser visto. Un espazo para vender, para chegar ao teu público obxectivo. Locais para que poidas facer negocio.

Se pola contra o que buscas é unha idea de negocio, ademais dun local, o departamento comercial de Marineda City, ofréceche múltiples opcións de franquías que buscan franquiciados, marcas que apostan por estar en Marineda City e para iso queren encontrar o xestor da súa marca e negocio. Sexa cual sexa o teu interese, ven a Marineda City, contacta connosco, moitos novos negocios estante a esperar.

Poñemos á túa disposición múltiples posibilidades, fala connosco, asesorarémoste persoalmente. O equipo comercial darache información, poderás ver os locais que se adapten ás túas necesidades, poderás ver que outras marcas confiaron xa en Marineda City, e o que é máis importante poderás ver aos teus potenciais clientes. 15.000 .000 de clientes de están a esperar. Teñas a túa propia idea ou busques unha para desenvolver, ven a Marineda City.

Escríbenos a info@marinedacity.con indicando no asunto "información locais".

Buscas un espazo temporal?

Marineda City ofréceche a oportunidade de instalar o teu punto de venda, de información, de comunicación, ben como parte dunha acción de vendas, campaña publicitaria ou como fórmula do teu negocio.

Podes estar en Marineda City, elixe como, ofrecémosche múltiples opcións, con arquitectura efémera, como canle a través dos soportes internos e externos, en prazas, corredores, zonas de descanso? Existen múltiples posibilidades, novas, creativas, impactantes, vendedoras, informativas, persuasivas, prescriptoras?

Elixe canto tempo queres estar, metros que queres ocupar, tempo que desexas ?. Definiremos contigo a acción facilitando que o teu produto e/ou servizo chegue de forma directa e efectiva ao seu consumidor.

Escríbenos a info@marinedacity.con indicando no asunto “info zonas comúns”.

 

Pie